|
Cheo total no autobús que desprazou aos participantes na actividade “Visita nocturna ao pasado”, organizada este pasado sábado pola Concellaría de Medio Ambiente Natural. Varias persoas mesmo se desprazaron en vehículos particulares para non perderse a experiencia de contemplar os petroglifos de Campo Lameiro con luz rasante artificial e as explicacións de José Manuel Rey, arqueólogo de Patrimonio, un dos maiores expertos neste campo. Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|